Que é?

APOD galego ou APOD en galego é a tradución da páxina da NASA Astronomical Picture Of the Day. Trátase dunha das páxinas ou servizos máis veteráns da web. Creada no ano 1995, desde entón vén publicando de xeito ininterrumpido unha foto astronómica diaria. A foto acompáñase dun texto escrito por un astrónomo profesional.

Con máis dunha vintena de APOD locais e algúns idiomas menos (por exemplo, hai 3 webs locais no mesmo idioma inglés), o lanzamento da versión galega pensamos que ten o seu interese.

Nestes anos a evolución do APOD foi constante. Menos no seu aspecto gráfico (o deseño sinxelo e limpo de adobíos é un síntoma da súa estabilidade co paso co tempo), os seus contidos foron medrando e adaptándose aos tempos cambiantes da web. As fotografías do APOD son a primeira páxina de miles de persoas de todo o mundo ollan por primeira vez cando acenden o ordenador. Desde astrónomos ata curiosos, pasando por mestres (de todos os niveis) ou persoas interesadas en adquirir un pouco máis de cultura. A versión orixinal incluiu un foro hai uns anos, onde se pode discutir a imaxe do día ou temas relacionados. A experiencia da versión castelán serviu sen dúbida para amosar o interese en facilitar á comunidade a discusión sobre temas científicos, a resolución de dúbidas, a aportación de ligazóns e ideas relacionadas.

APOD convertiuse, ademais, nun xeito de premio para astrónomos afeccionados que ven refrendeda a calidade dos seus traballos cando se vén publicadas. De feito, este é un atractivo actual do APOD. Os editores  Robert Nemiroff (MTU) & Jerry Bonnell (UMCP), auténticos artífices da web, non só publican fotografías de actualidade ou de telescopios profesionais. Está abertos ao envío de fotografías dos afeccionados que desexen velas publicadas, premio que está cada vez máis complicado pola alta calidade das contribucións. Aínda así, cada vez son máis os autores españois, tanto astrónomos profesionais como afeccionados, que vén as súas fotografías publicadas na web para goce de todo o mundo.

APOD galego é unha das pezas da comunidade AstroGalicia, un espazo onde os astrónomos afeccionados galegos compartimos os nosos gustos e coñecementos con todo o que desexe achegarse a nós. Na actualidade, en case todas as cidades galegas hai unha asociación de astrónomos, sempre aberta a incorporación de novos socios, persoas que compartan os seus gustos ou, simplemente, que queiran iniciarse na astronomía.