Normas de uso

Como todo espazo aberto na web pode ser usado e “abusado”. Nesta web, polo momento, non haberá excesivos filtros iniciais para os comentarios en cada foto. Para evitar conflitos e problemas futuros, máis que unhas normas de uso está ben establecer uns mínimos que faciliten a correcta convivencia de lectores, comentaristas e futuros usuarios.

Os “máis vellos” do lugar soemos mencionar que unha correcta netiqueta facilita moito as cousas. En xeral, o resto de normas de uso son as que se soen establecer noutros foros e que garanten, en certa medida, a ausencia de problemas graves:

- Non empregues as maiúsculas para comentar. Na web considérase que estás berrando e a ninguén lle gusta conversar con sente que fala moi alto.

- Non provoques. Non respondas a provocacións. O que en clave soe dicirse como DFT (don’t feed the troll).

- Non te enfades se escribes algunha dúbida e ninguén contesta. Ninguén obriga a preguntar nin a responder. Non nos pagan por estar aquí. Este traballo é voluntario e, polo tanto, tampouco non gusta someternos a demasiadas obrigas ;-)

- Non escribas en estilo SMS. Tes 10 dedos na man e todo un teclado para ti (os usuarios dos SmartPhones tamén están incluídos). Podes usar vogais, signos de puntuación (puntos, comas…) e, incluso, tildes. Nón nos imos corrixir as túas faltas habitualmente, pero se ninguén contesta aos teus comentarios ao mellor podes pensar que é poque non se entenden.

- Podes escribir e comentar no idioma que queiras. Pola nosa parte, entendemos galego, castelán, inglés, algo de portugués e “ein bisschen Deutsch”. Á hora de contestar empregaremos indistintamente un idioma ou outro, segundo teñamos o día.

- Non trates temas personais, non fagas preguntas personais. Para eses temas hai outro lugares, non esta web.

- Non fales nin expoñas ideas de relixión, fútbol ou política. Por experiencia son temas que acaban dexenerando en polémicas estériles. Se queres tratar eses temas hai outros foros onde facelo.

- Esta é unha web persoal e un servizo para o que non se cobra nada. Os autores/administradores non se sinten obrigados a dar explicacións dos motivos para borrar un comentario ou marcar como “spam” a algún comentarista. Podes aforrar toda acusación de censura nin reivindicación do dereito á “liberdade de expresión”, xa que ambos serán reclamables na Internet en xeral, non nesta web en particular. Se estás a disgusto co comportamento dalguén ou dos administradores, podes enviarnos un correo electrónico directamente. Os contestamos todos, no mesmo día ou na mesma semana, sempre que estén escritos de xeito correcto e amable (apodgalego ARROBA gmail.com).

Deixar unha resposta