Licenza

A páxina orixinal ten a súa propia licenza de uso. As fotografías e os textos da NASA, por definición, están no dominio público como todos os materiais producidos por entidades gubernamentais dos Estados Unidos. Ben podían aprender, por certo, os nosos propios organismos.

Cada unha das fotografías ten os seus propios créditos e copyright, que nós indicamos na versión traducida xusto por baixo da imaxe. Se queres facer algún tipo de uso da mesma, ponte directamente en contacto cos autores.

Pola nosa parte, a versión ao galego dos textos do APOD teñen unha licenza do tipo Creative Commons: podes usalos para o que queiras sempre que cites a súa orixe e non fagas un uso comercial dos mesmos. A orixe será citada como: “texto obtido de: www.apodgalego.com”.