Charla: APOD da NASA 2015; un ano de astronomía en galego

Cartaz_Ourense_2016_anverso
  • Ourense: sábado, 30 de xaneiro de 2016 ás 20:00 horas. Lugar: Ateneo de Ourense, Av. Habana, 25.
  • Vigo: xoves, 11 de febreiro de 2016 ás 19:30. Lugar: Casa do Libro, Rúa Velázquez Moreno, 17 (Vigo).
  • Santiago de Compostela: sábado 13 de febreiro de 2016 ás 18:00. Lugar: Centro Socio Cultural As Fontiñas, rúa Berlín, 13 (Santiago de Compostela).

Relator: X. Dositeo Veiga

Twitter: @dosiveiga

Sinopse: O Astronomical Picture Of the Day da NASA é unhas das webs máis antigas (desde 1995) que funciona a cotío. Cada día publica unha fotografía de temática astronómica comentada. Ao longo dun ano, os temas que se publican son do máis variado, o que nos permite construír con estas fotos un percorrido moi interesante polos temas que trata a astronomía e as últimas novidades e descubrimentos da ciencia. Tanto a web como esta charla están dirixidos a un público xenérico e non especializado, coa intención de contribuír á divulgación da ciencia en xeral e a astronomía en particular. Desde hai varios anos, é xa unha tradición que un dos autores da web da NASA, Jerry Bonnell, dea unha charla xusto despois das vacacións de nadal en New York, recompilando as fotografías máis destacadas do ano anterior. Agora, por segundo ano consecutivo, damos unha charla semellante da man dun dos tradutores ao galego.
O relator, Dosi Veiga, licenciado en física pola Univ. Santiago de Compostela, Cartaz_Ourense_2016_reversoconta con máis dunha década de actividades variadas no campo da divulgación científica. Colabora como socio en varias asociacións de astrónomos afeccionados (AstroVigo e Ourense Astronómico) e forma parte das xuntas directivas da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica (www.divulgaccion.org) e a Federación de Asociacións Astronómicas de España. Esta mesma charla vaise facer nas cidades de Ourense, Santiago de Compostela e Vigo, pendente dalgunha convocatoria máis. É o responsable principal da tradución ao galego do APOD da NASA desde abril de 2011, en www.apodgalego.com e desde novembro de 2014 en www.gciencia.com. Entre os anos 2007 e 2010 colaborou tamén coa versión en castelán. En total, máis de 3000 imaxes e textos traducidos.
Podes descargar os carteis (en formato pdf, 2,5 MB cada un) da Cartaz_Ourense_2016, a Cartaz_Vigo_2016 ou a Cartaz_Compostela_2016.