Charla: APOD da NASA 2014, un ano de astronomía en galego

Cartaz_Web_so_frontal_mini
  • Ourense: xoves, 22 de xaneiro de 2015 ás 20:00 horas. Lugar: Ateneo de Ourense, Av. Habana, 25.
  • A Coruña: venres, 23 de xaneiro de 2015 ás 19:30 horas. Lugar: MUNCYT.
  • Santiago de Compostela: por determinar (febreiro).
  • Vigo: xoves, 19 de febreiro de 2015 ás 20:00. Lugar: Casa do Libro, Rúa Velázquez Moreno, 17 (Vigo).

Relator: X. Dositeo Veiga

Twitter: @dosiveiga

Sinopse: O Astronomical Picture Of the Day da NASA é unhas das webs máis antigas (desde 1995) que funciona a cotío. Cada día publica unha fotografía de temática astronómica comentada. Ao longo dun ano, os temas que se publican son do máis variado, o que nos permite construír con estas fotos un percorrido moi interesante polos temas que trata a astronomía e as últimas novidades e descubrimentos da ciencia. Tanto a web como esta charla están dirixidos a un público xenérico e non especializado, coa intención de contribuír á divulgación da ciencia en xeral e a astronomía en particular. Desde hai varios anos, é xa unha tradición que un dos autores da web da NASA, Jerry Bonnell, dea unha charla xusto despois das vacacións de nadal en New York, recompilando as fotografías máis destacadas do ano anterior. Agora queremos introducir esta tradición de aninovo en Galicia, da man dun dos tradutores ao galego.
A actividade encádrase no Ano Internacional da Luz 2015 que se inaugura pola Unesco en París o 19 de xaneiro de 2015.
O relator, Dosi Veiga, licenciado en física pola Univ. Santiago de Compostela, Cartaz_Web_so_traseira_2conta con máis dunha década de actividades variadas no campo da divulgación científica. Colabora como socio en varias asociacións de astrónomos afeccionados (AstroVigo e Ourense Astronómico) e forma parte das xuntas directivas da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica (www.divulgaccion.org) e a Federación de Asociacións Astronómicas de España. Esta mesma charla vaise facer nas cidades de Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. É o responsable principal da tradución ao galego do APOD da NASA desde abril de 2011, en www.apodgalego.com e desde novembro de 2014 en www.gciencia.com. Entre os anos 2007 e 2010 colaborou tamén coa versión en castelán. En total, máis de 3000 imaxes e textos traducidos.

3 reflexións sobre “Charla: APOD da NASA 2014, un ano de astronomía en galego

  1. Pingback: Orión en infravermellos desde o WISE | APOD galego

  2. Pingback: A complexa cola iónica do cometa Lovejoy | APOD galego

  3. Hola, buenos días. Felicidades por la iniciativa, Dosi. Afortunados los aficionados a la astronomía en tierras galegas. Animate a divulgar tu sabiduría por tierras madrileñas. Seguro que tendrás un rotundo éxito. Un abrazo.

Os comentarios están pechados.