Créditos do vídeo e copyright: Mike Oblinski; Música: Impact Lento (Kevin MacLeod, Incompetech)Explicación: é iso unha nube ou unha nave marciana? Trátase dunha clase de nube de tormenta estraña e ás veces perigosa denominada
supercélula. As supercélulas poden xerar
tornados daninos,
saraiba,
microrrefachos descentes (
downbursts en inglés) de aire, ou
choiva a cachón. Ou poden simplemente
parecer impresionantes. Unha
supercélula alberga un
mesociclón; unha columna ascendente de aire rodeada por correntes de aire descendente. As
supercélulas poden ocorrer por moitos lugares da Terra pero son particularmente comúns na
Tornado Alley (Corredoira dos Tornados) dos EUA. Na
fotografía superior aparecen catro secuencias en vídeo dunha
supercélula en rotación movéndose por riba e ao través de
Booker (
Texas). No vídeo captáronse nubes novas que se forman preto do
centro da tormenta, o
po en rotación sobre o solo,
destellos de lóstregos nas nubes superiores, todo mentres o impresionantemente
esculpido complexo rota de xeito ominoso. Finalmente, despois dunhas poucas horas, tal e como se amosa na secuencia final, a choiva densa cae mentres a tormenta comeza a extinguirse.
Texto orixinal no APOD.