Como colaborar

A colaboración no APOD galego está aberta a toda a comunidade. As contribucións poden ser de varios tipos. A máis básica e, dado que APOD galego ten formato de blog, é: comentar, comentar e comentar ;-)

- Non sabes moito de astronomía pero sempre che interesou: poir pregunta as túas dúbidas nos comentarios da foto de cada día. Preferiblemente, claro está, as que vaian xurdindo ao fío da temática da foto. Seguro que ao longo do día hai alguén que poida responder.

- Se sabes algo de astronomía: podes responder as dúbidas que vexas na foto diaria, ou complementar o texto que acompaña a foto, ou propoñer ideas que che suxira a foto do día.

- Se sabes moito de astronomía: pois comparte os teus coñecementos. Visitanos a diario e axuda a responder dúbidas e suxerencias dos comentaristas da foto.

- Sabes algo de inglés e de astronomía: podes axudar a traducir os textos que aparecen cada día. Ponte en contacto connosco e miramos como botar unha man.

- Atopas faltas de ortografía, gramaticais, erros na tradución… pois coméntaas. Tanto ao pé da foto como por correo electrónico. Non estamos as 24 horas conectados á páxina pero asegúroche que, antes ou máis tarde, corrixiremos os erros.

O contacto: apodgalego ARROBA gmail.com