Saturno e Marte visitan as nubes da Vía Láctea

  OphiuchusPlanets_Fairbairn_960Créditos da imaxe e copyright: Carlos Eduardo Fairbairn
Explanation: planetas, estrelas, nebulosas e unha galaxia; esta impresionante imaxe ten de todo. Os máis chegados a casa son dous planetas Marte (dereita) e Saturno (centro),  visibles coma os dous puntos alaranxados da metade superior da imaxe publicada. Á dereita do centro estás as coloridas nubes estelares Rho Ophiuchus que amosan á brillante estrela laranxa Antares aliñada por baixo de Marte. Estas nubes interestelares conteñen tando nebulosas de emisión vermella coma nebulosas de reflexión azuis. Na parte superior dereita da imaxe está a nebulosa de reflexión Cabeza de Cabalo Azul. Na parte inferior esquerda hai moitas nebulosas escuras de absorción que se estenden desde a banda central da nosa galaxia Vía Láctea. A fonda composición publicada foi elaborada a partires de múltiples exposicións fondas tiradas o mes pasado desde Brasil. Aínda que necesitas un telescopio para mirar as nebulosidades, Saturno e Marte ficarán visibles a simple vista este mes cara o leste, xusto tralo solpor.