Mercurio ao completo

Créditos da imaxe: NASA/JHU Applied Physics Lab/Carnegie Inst. Washington
Explicación: por vez primeira cartografouse a superficie completa do planeta Mercurio. As observacións polo miúdo da abraiante codia do planeta máis interno estiveron en marcha desde que a sonda espacial MESSENGER pasou por primeira vez en 2008 e comezou a orbitalo en 2011. Anteriormente, gran parte da superficie de Mercurio era descoñecida xa que está demasiado afastado para que os telescopios terrestres poidan velo claramente, mentres que os sobrevoos da Mariner 10 nos anos 1970 ollaron só unha metade. O vídeo superior é unha recompilación de milleiros de imaxes de Mercurio presentadas con cores esaxeradas para contrastar mellor as diferentes características da superficie. Sobre o mundo en rotación son visibles os raios que emanan desde o impacto setentrional que se estira ao través de gran parte do planeta, mentres que a metade do camiño ao través do vídeo as cores claras da Badía Caloris rotan na imaxe, un rasgo dun antigo impacto no norte que se encher con lava. Agora, o MESSENGER completou con éxito as súas misións estendidas primeira e segunda.

Texto orixinal no APOD.