M7: cúmulo aberto estelar no Escorpión

m7_colombari_960Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari
Explicación: M7 é un dos cúmulos abertos de estrelas máis destacados do ceo. O cúmulo, dominado por brillantes estrelas azuis, pode ollarse a simple vista nun ceo escuro na cola da constelación do Escorpión (Scorpius). M7 contén unhas 100 estrelas en total, ten uns 200 millóns anos de idade, abarca 25 anos luz de diámetro e atópase a uns 1000 anos luz de distancia. A imaxe gran angular publicada tirouse preto da cidade de Belo Horizonte no Brasil. O cúmulo aberto M7 é coñecido desde a antigüidade, sendo rexistrado por Ptolomeo no ano 130 d.C. Tamén pode ollarse unha nube escura de po na parte inferior dereita e, no fondo, literalmente millóns de estrellas sen relación cara o centro galáctico.