Raios gamma e po cometario

PerseidsMAGIC_DLopez1024Créditos da imaxe e copyright: Daniel López (El Cielo de Canarias)
Explicación: os raios gamma mailo po do cometa periódico Swift-Tuttle abríronse paso ao través da atmosfera do planeta Terra na noite do 11 ao 12 de agosto. Impactando a uns 60 quilómetros por segundo, os grans de po cometario produciron esta chuvia de meteoros das perseidas moi activa. Esta imaxe composta con gran angular do meteoros da chuvia aliñados cobre un periodo de 4,5 horas desa noite das perseidas. Aí as marcas do meteoro relocente poden seguirse cara atrás deica a orixe da chuvia no ceo. Ao longo da Vía Láctea na constelación Perseus, o radiante marca a dirección da órbita do cometa periódico. Os raios cósmicos que impactan na atmosfera da Terra, viaxando á velocidade da luz, impactan na atmosfera da Terra xerando tamén chuvias, pero de partículas de altas enerxías. Xusto mentres o rastro do meteoro apunta á súa orixe, os flashes máis aínda máis breves de luz das partículas poden empregarse para reconstruír a dirección da chuvia de partículas, para ir cara atrás ata a orixe no ceo do raio gamma. A diferenza dos meteoros, os flashes da incriblemente rápida partícula da chuvia non se pode seguir co ollo. Pero as dúas chuvias poden ser seguidas por cámaras de alta velocidade dos platos de espellos múltiples en primeiro plano. Por suposto, os platos ason os telescopios MAGIC (Major Atmospheric Gamma Imaging Cherenkov ou telescopio de raios gamma por emisión Cherenkov atmosférica), un observatorio terrestre de raios gamma nas illa canaria de La Palma.