O cometa McNaught sobre Nova Zelandia

O cometa McNaught desde Nova CelandiaCréditos da imaxe e copyright: Minoru Yoneto
Explicación: o cometa McNaught quizais fose o cometa máis fotoxénico da época moderna; desde a Terra. Despois de dar todo un espectáculo no hemisferio setentrional a comezos de xaneiro de 2007, o cometa moveuse ao sur e desenvolveu unha longa e estraña cola de po que abraiou aos observadores do hemisferio meridional. A finais de xaneiro de 2007, o Cometa McNaught foi captado entre o monte Remarkable e o cumio Cecil nesta espectacular fotografía tirada desde Queenstown, Illa Sur (Nova Celandia). O brillante cometa domina a parte dereita  da fotografía superior, mentres a franxa central da nosa galaxia Vía Láctea domina a esquerda. Unha inspección polo miúdo da imaxe desvelará unha raia meteórica xusto á esquerda do cometa. Hoxe, o Cometa Siding Spring pode converterse no cometa máis fotoxénico da época moderna; desde Marte.