NGC 6384: espiral máis aló das estrelas

ngc6384, máis aló das estrelas

Créditos: ESA, Hubble, NASA

Explicación: o universo está cheo de galaxias. Pero para ollalas os astrónomos deben ollar máis aló das estrelas da nosa propia galaxia, Vía Láctea. Esta colorido retrato telescópico do Hubble mostra a galaxia espiral NGC 6384, a preto de 80 millóns de anos luz de distancia en dirección á constelación de Ophiuchus. A esa distancia NGC 6384 abrangue uns estimados 150.000 anos luz, sendo a parte máis cercana ao centro da galaxia de 70.000 aos luz de ancho. A nítida imaxe mostra detalles dos distantes cúmulos estalares da galaxia e os carreiros de poeira ao longo dos magníficos brazos espirais e o brillante núcleo amarelento. As etrelas individuais da foto atópanse nun primeiro plano relativamente cercano, ben adentro da nosa propia galaxia. As estrelas máis brillantes da Vía Láctea mostran unha cruces notables, ou picos de difracción, causados polo telescopio mesmo.

Texto orixinal no APOD.