
Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, University of ArizonaExplicación: cuns 40.000 anos luz de diámetro, a fermosa e irregular galaxia NGC 3239 atópase preto do centro
deste adorable campo galáctico na constelación rica en galaxias de
Leo. A unha distancia de só 25 millóns de anos luz domina o cadro, amosando un
arranxo peculiar de estruturas, cúmulos de estrelas novas e azuis e rexións de formación estelar, que suxiren que NGC 3239 (alias
Arp 263) é o resultado dunha
fusión de galaxias. Casi no alto da fermosa galaxia aparece unha estrela en primer plano brillante e
puntiaguda, unha integrante achegada da nosa propia Vía Láctea case directamente ao longo da nosa liña de visión de NGC 3239. Ademais, NGC 3239 destaca por aloxar a primeira supernova confirmada deste ano,
denominada SN 2012A.
Foi descuberta a primeiros deste mes polos cazadores de supernovas Bob Moore,
Jack Newton e Tim Puckett. Marcada
nunha imaxe recortada da imaxe máis ampla, SN 2012A está xusto por baixo e á dereita da brillante estrela do primeiro plano. Naturalmente, baseado no
tempo de viaxe da luz deica NGC 3239, a propia
explosión de supernova aconteceu hai 25 millóns de anos, provocada polo colapso do núcleo dunha
estrela masiva.
Texto orixinal no APOD.