Primeiro plano do despegue do TESS


Créditos da imaxe: SpaceX
Explicación: Transiting Exoplanet Survey Satellite (TESS ou Satélite de Exploración de Exoplanetas en Tránsito) da NASA comezou a súa procura de planetas que orbitan outras estrelas abandonando o planeta Terra o 18 de abril. O cazador de exoplanetas rubiu ata a órbita na parte superior dun foguete Falcon 9. O Falcon 9 recibe ese nome polos seus 9 motores Merlin da primeira etapa que se ven neste primeiro plano tomado desde o lonxe no Complexo de Despegue Espacial 40 na Estación da Forza Aérea de Cabo Canaveral. Nas próximas semanas, o TESS empregará unha serie de acendidos do motor para chegar a unha órbita terrestre moi alta e moi elíptica. Unha manobra de asistencia gravitacional lunar permitiralle chegar a unha órbita estable non probada ata o de agora coa metade do periodo orbital da Lúa e unha distancia máxima da Terra duns 373 000 quilómetros. Desde aí, TESS executará unha exploración de dous anos na procura de planetas ao redor das estrelas máis brillantes e próximas do ceo.

Charla en Ourense coas imaxes do último ano. No Liceo, sábado 21 abril ás 20.00.