NGC 4696: filamentos ao redor dun burato negro

ngc4696_hubble_960Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, A. Fabian
Explicación: que está a acontecer no centro da galaxia elíptica NGC 4696? Alí fotografáronse gabiáns longos de gas e po ben polo miúdo como amosa esta imaxe acabada de publicar do Telescopio Espacial Hubble. Estes filamentos semellan conectar a rexión central da galaxia, unha zona que se coida ocupada por un burato negro supermasivo. Especúlase con que este burato negro bombea enerxía ao exterior que quece o gas do contorno, empurrando os filamentos máis fríos de gas e po, e detendo a formación de estrelas. Estes filamentos, equilibrados por campos magnéticos, semellan caer despois en espiral cara o burato negro. central e finalmente o arrodean. NGC 4696 é a galaxia máis grande do Cúmulo de Galaxias Centaurus, situado a uns 150 millóns de anos luz da Terra. A imaxe publicada amosa unha rexión duns 45.000 anos luz de diámetro.