A lúa marciana Fobos atravesa o Sol

https://www.youtube.com/embed/Ce21mE1nXaU?rel=0

Créditos do vídeo: NASA, JPL-Caltech, MSSS, Curiosity Rover

Explicación: que está a pasar por diante do Sol? Semella unha lúa, pero non pode ser a lúa terrestre, porque non é redonda. É a lúa marciana Fobos. O vídeo publicado tirouse desde a superficie de Marte a finais do mes pasado polo todoterreo Curiosity. Fobos, de 11,5 quilómetros de diámetro, é 150 veces máis pequena cá Lúa en diámetro, pero tamén está 50 veces máis preto do seu planeta. De feito, Fobos está tan preto de Marte que se agarda que se esnaquice y caia a Marte nos vindeiros 50 millóns de anos. No máis inmediato, a órbita baixa de Fobos dará eclipses solares máis rápidos que os vistos desde a Terra. O vídeo publicado foi acelarado; o tránsito real dura uns 35 segundos. Un vídeo semellante foi tomado da lúa Deimos transitando o Sol, máis pequena e afastada. O operador de vídeo, o todoterreo automático Curiosity, segue de exploración polocráter Gale, a zona máis recente cunhas vistas espectaculares ás estrañas rochas alcumadas Glen Torridon.