A ISS desde Wallasey

Créditos da imaxe e copyright: Richard Addis

Explicación: tralo solpor do 28 de marzo, a Estación Espacial Internacional gabeaba sobre o horizonte occidental, tal e como se vía desde Wallasey (Inglaterra), na boca do río Mersey. Aínda relucente pola luz solar a uns 400 quilómetros sobre o planeta Terra, o rápido movemento da ISS foi seguido a man cun pequeno telescopio caseiro e unha cámara dixital de rápido disparo. Rexistráronse un total de 2 500 fotogramas durante o longo paso visible da ISS de 7 minutos e en 100 delas captouse a estación espacial. Estes son 4 dos mellores fotogramas que amosan detalles destacados da ISS na órbita baixa terrestre. Preto do cumio na súa ruta, a uns 60 graos por riba do horizonte, a ISS era a estrela máis brillante do ceo e tan preto coma a 468 quilómetros de Wallasey.