Messier 2

Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA, G. Piotto et al.

Explicación: trala nebulosa do Cangrexo, M1, este cúmulo estelar xigante é a segunda entrada da famosa listaxe de cousas que non son cometas do astrónomo Charles Messier do século XVIII. M2 é un dos cúmulos globulares de estrelas máis grandes que vagan polo halo da nosa galaxia Vía Láctea. Aínda que orixinalmente Messier describiuno coma unha nebulosa sen estrelas, esta abraiante imaxe do Hubble resolve as estrelas da parte central de 40 anos luz de anchura de M2. A súa poboación de estrelas está preto das 150 000, concentradas nun diámetro total de 175 anos luz. A uns 55 000 anos luz de distancia cara a constelación do Augador, este vello cidadán da Vía Láctea, tamén chamado coma NGC 7089, ten 13 mil millós de anos de idade.