Astronauta patea no campo de deportes lunar

Créditos da imaxe: NASA, equipo Apollo 15m

Explicación: tres puntos no marcador para a NASA. Co tempo a esgotarse na misión Apollo 15 na Lúa en 1971, o astronauta David Scott preparábase para marcar un novo ensaio e acadar outra emocionante victoria no límite da misión para a NASA. Scott empregou un balón lunar especial deseñado para os rudos xogos que agardabn na Lúa. R1-D1, un antecesor de R2-D2, animaba desde a beira do campo. Os compañeiros de APOD deséxanvos un feliz Primeiro de Abril. En realidade, o astronauta Scott está a meter un barreno que mediu como cambiaba a temperatura coa profundidade lunar. O aparello do primeiro plano é realmente para detectar partículas de alta enerxía que fuxían do Sol.