Bo día leónida



See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Stephane Vetter (Nuits sacrées), TWAN
Explicación: o 17 de novembro, xusto unha hora antes do amencer, este meteoro brillante e cheo de cor alumou nos limpos ceos da alborada. Sobre un mar de nubes este espectacular intre da mañá outonal foi captado desde Hochblauen, un cumio prominente de 1165 metros de altura da Selva Negra na Alemaña meridional. Sirio, que brilla no crepúsculo, xunto coas estrelas familiares de Orión poden recoñecerse preto do horizonte sudoccidental, e o meteoro semella dirixirse á dereitiño cara o cinto maila espada do cazador. Con todo, como integrante da chuvia anual de meteoros das leónidas, o ronsel do meteoro parece provir do radiante da chuvia. A constelación do León está no alto por riba do horizonte e fóra da parte superior esquerda do recadro.