Retrato de NGC 281

 
Créditos da imaxe e copyright: Jeremiah Roth
Explicación: mira ao través da nube cósmica catalogada coma NGC 281 e poida que te perdas as estrelas do cúmulo aberto IC 1590. Con todo, as estrelas masivas, e novas dese cúmulo, formadas no interior da nebulosa, estimulan ao final o brillo nebular ubicuo. As formas rechamantes que xorden neste retrato de NGC 281 son columnas poeirentas esculpidas e glóbulos de Bok que se ven en silueta, erosionados polos potentes ventos intensos maila radiaciónn procedente das estrelas quentes do cúmulo. Se sobreviven abondo, as estruturas de po tamén poderían ser lugares de formación futura de estrelas. NGC 281, denominada ledamente a nebulosa Comecocos pola súa forma global, está a uns 10 000 anos luz de distancia na constelación de Casiopea. Esta definida imaxe composta fíxose mediante filtros de banda estreita. Combina a emisión dos átomos de hidróxeno e de osíxeno da nebulosa para sinterizar as cores vermella, verde e azul. A escena abarca ben uns 80 anos luz á distancia estimada de NGC 281.