Remuíños e cores sobre Xúpiter desde Juno


Créditos da imaxe: NASA, Juno, SwRI, MSSS; Procesado e Licenza: Matt Brealey, Seán Doran
Explicación: que crea as cores das nubes de Xúpiter? Non se sabe de certo. A grosa atmosfera de Xúpiter é na maior parte de hidróxeno e helio, elementos que non teñen cor ás temperaturas baixas dos cumios das nubes xovianas. Which trace elements provide the colors Aínda se está a investigar, elementos traza proporcionan as cores, aínda que as pequenas cantidades de hidrosulfuro de amonio son unhas das candidatas favoritas. O que está claro a partires da imaxe publicada con cores salientados, e moitas imaxes semellantes, é que as nubes máis clariñas normalmente están máis altas que as escuras. Na fotografía, as nubes claras fan remuíños ao redor das rexións avermelladas cara a parte inferior dereita, mentres que semellan cubrir algúns dos dominios máis escuros da parte superior dereita. A imaxe publicada foi tirada pola sonda automática Juno durante o seu 14 pase achegado a Xúpiter a comezos deste ano. A Juno segue na súa órbita elíptica e alongada, cruzando preto do enorme planeta cada 53 días e explorando un sector lixeiramente diferente a cada vez./