A traxectoria imprevista do asteroide interestelar ‘Oumuamua



Créditos da imaxe: NASA, JPL, Caltech
Explicación: por que a traxectoria de ‘Oumuamua é diferente do agardado? O ano pasado, 1I/2017 U1 ‘Oumuamua converteuse no primeiro asteroide coñecido procedente do espazao interestelar en pasar polo noso Sistema Solar. Hai agora xusto un ano, esta rocha interestelar pasou incluso bastante preto da Tera. O traxecto futuro do asteroide debería ser sinxelo de predicir dada a gravidade estándar; pero atopouse que a traxectoria de ‘Oumuamua’s é lixeiramente diferente. Na animación publicada, ‘Oumuamua aparece cando se achega e se afasta da veciñanza do noso Sol, etiquetando as traxectorias agardadas pola gravidade e a observada. A hipótese natural dominante para esta desviación imprevista está nos chorros de gas interno que se activaron polo quedemento do Sol; pero especúlase con outras opcións e estanse a facer máis simulacións informáticas. ‘Oumuamua nunca voltará, pero é de agardar que as exploracións modernas do ceo atopen e sigan asteroides interestelares semellantes nos vindeiros anos.