Lúa xibosa por riba de montaña sueca


Créditos da imaxe e copyright: Göran Strand
Explicación: esta é unha Lúa xibosa. A maior parte dos terrícolas están familiarizados cunha lúa chea, onde toda a faciana na Lúa está alumeada polo Sol, e unha lúa crecente, onde só un lisco da cara lunar ten luz. Cando máis da metade da Lúa está alumeada, aínda que sen chegar á iluminación completa, a fase chámase xibosa. Rarely seen in television and movies, As lúas xibosas, que rara vez se ven en televisión e películas, son bastante comúns no ceo nocturno real. A imaxe publicada foi tomada en Jämtland, (Suecia) preto de finais do mes pasado. Esa lúa xibosa converteuse, nuns poucos días, nunha lúa minguante e despois nunha lúa nova, voltando a un crecente e de novo hai uns días a xibosa. E esta mesma lúa xibosa pode verse de novo esta noite, levando á Lúa chea do castor que ocorre na noite do venres. O fotógrafo, unha vez preparado para facer a pintoresca paisaxe lunar xibosa, foi abraiado ao atopar un avión, seguramente ben por diante, semellando sobrevoala.