A nebulosa da Tarántula

 
Créditos da imaxe e copyright: Peter Ward (Barden Ridge Observatory)
Explicación: a nebulosa da Tarántula, coñecida tamén coma 30 Doradus, ten máis de un milleiro de anos luz de diámetro, unha rexión de formación estelar xigante no interior da achegada galaxia satélite da Gran Nube de Magallanes. A uns 180 anos luz de distancia, é a rexión de formación estelar máis grande e violenta coñecida de todo o Grupo Local de galaxias. O arácnico cósmico espállase por todas a espectacular vista, composta cno datos de filtros de banda estreita centrados na emisión dos átomos de hidróxeno ionizado. Dentro da Tarántula (NGC 2070), os ventos estelares e a intensa radiación mailas ondas de choque de supernova procedentes do cúmulo central de estrelas masivas e novas, catalogado coma R136, excita o brillo nebular e forma os filamentos da arañeira. Ao redor da Tarántula hai outras rexións de formación estelar con cúmulos de estrelas novas, filamentos e nubes inchadas con formas de burbulla. De feito, o recadro inclúe o lucar da supernova máis achegada da época moderna, SN 1987A, á esquerda do centro. O rico eido de visión abarca máis ou menos un grao ou dúas lúas cheas, na constelación meridional de Dorado. Se a nebulosa da Tarántula estivera máis preto, digamos aos 1 500 anos luz de distancia que está a rexión local de formación de estrelas nebulosa de Orión Nebula, ocuparía a metade do ceo.