O outeiro, a lúa e Saturno

 
Créditos da imaxe e copyright: Tamas Ladanyi (TWAN)
Expliación: o pasado domingo cando a Lúa era noviña o seu crecente lumeado polo sol pendurábase no solpor baixo e preto do horizonte occidental. A potente luz cinzenta acompañaba a Saturno brillando nos ceos de comezo da noite creando unha bonita conxunción visible para os observadores ao redor do noso fermoso planeta. Nese serán claro sobre un outeiro preto de Veszprem (Hungría), nai, filla, planeta brillante e a Lúa noviña encádranse nesta calma paisaxe do ceo nocturno tomada con teleobxectivo. Por suposto que a Lúa avellenta demasiado axiña para algúns, e pola noite a parte alumeada polo sol acadaba a súa primeira fase de cuarto. Os observadores que esta fin de semana pasen un tempo de cualidade baixo a Lúa mailas estrelas poderían agardar ver a chuvia anual de po cometario que recibe o nome de chuvia de meteoros das leónidas.