A nebulosa da Cova en hidróxeno, osíxeno e xofre


Créditos da imaxe e copyright: Chuck Ayoub
Explicación: que hai no interior desta cova cósmica? Unha gardería estelar de 10 anos luz de fondura. A paisaxe celeste publicada está dominada pola poeirenta Sh2-155, a nebulosa da Cova. Nesta imaxe telescópica, os datos tirados ao través de filtros de banda estreita perfilan o brillo nebular das cores do hidróxeno, o osíxeno mailo xofre, que xuntos forman a paleta do Hubble. A uns 2 400 anos luz de distancia, a escena está ao longo do plano da nosa galaxia Vía Láctea cara a constelación real de Cefeo. As exploracións astronómicas da rexión desvelan que se formou ao bordo da enorme nube molecular Cepheus B e a asociación Cepheus OB3 de estrelas novas e quentes. A crista brillante de gas hidróxeno ionizado está alimentada pola radiación que procede de estrelas quentes, dominada pola estrela brillante xusto á esquerda da entrada da cova. As Radiation driven frontes de radiación que dirixen a ionización están a desencadear probablemente o colapso de núcleos e a formación de estrelas novas no seu interior.