O asteroide Bennu rotando desde OSIRIS-REx



Créditos da imaxe: NASA, GSFC, U. Arizona
Explicación: podería chegar este asteroido a bater coa Terra? Finalmente si; pero probablemente non durante un periodo moi longo, incluso aínda que se agarda que o asteroide pase polo interior da órbita da Lúa o vindeiro século. Porén, para coñecer mellor a natureza e a órbita de todos os asteroides achegados á Terra, a NASA enviou ao Origins, Spectral Interpretation, Resource Identification, Security, Regolith Explorer automatizado (ou “explorador de regolito para a seguridade, a identificación de recursos, a interpretación espectral e a orixe”, OSIRIS-REx) para investigar este: o asteroide de 500 metros de diámetro 101955 Bennu. A OSIRIS-REx, que despegou  en 2016, está agora achegándose a Bennu, e o primeiro que ten programado é cartografar a superficie agreste do planeta menor. O vídeo secuencia publicado tirado a comezos deste mes comprime o periodo de rotación de 4,25 horas de Bennu nuns 7 segundos. A aparencia de diamante de Bennu é semellante ao asteroide Ryugu que actualmente está a ser visitado pola nave espacial xaponesa Hayabusa2. A órbita futura exacta de Bennu ten algo de incerteza debido aos pasos achegados a Terra e ao efecto Yarkovsky: unha forza lixeira creada pola inducción de rotación nun obxecto debido ao brillo infravermello asimétrico. Se todo vai de acordo ao plan, ORISIS-Rx tocará realmente o asteroide en 2020, collerá mostras de solo e voltará con elas á Terra en 2023 para a análise polo miúdo.