A nebulosa da Lagoa ten estrelas, gas e po


Créditos da imaxe e copyright: Nelson Ortega
Explicación: a maxestosa nebulosa da Lagoa está chea de gas quente e aloxa moitas estrelas novas. Spanning 100cross while lying only about 5000 light years distant, A nebulosa da Lagoa, que abarca 100 anos luz mentres que está a só uns 5000 anos luz de distancia, é tan grande e brillante que pode verse sen telescopio cara a constelación do Arqueiro. Moitas estrelas brillantes son visibles desde NGC 6530, un cúmulo aberto que se formou dentro da nebulosa hai só varios millóns de anos. A nebulosa máis grande, coñecida tamén coma M8 e NGC 6523, denomínase “Lagoa” pola franxa de po que se ve á esquerda do centro do cúmulo aberto. A imaxe publicada tirouse en tres cores con detalles salientados pola luz emitida polo hidróxeno. A formación estelar segue na nebulosa da Lagoa como testemuñan os numerosos glóbulos cargados de po que hai aí.