Astronauta explorando: unha panorámica da Apollo 15

´
Créditos da imaxe e copyright: NASA, USGS, tripulación do Apollo 15
Explicación: como sería explorar a Lúa? As misións Apollo da NASA déronlle á humanidade esta oportunidade a finais dos 60 e comezos dos 70. En concreto, a misión Apollo 15 adicouse a comprender mellor a superficie da Lúa explorando montañas, vales, maria e terras altas. Os astronautas David Scott e James Irwin pasaron case tres días na Lúa mentres Alfred Worden orbitaba por riba no Módulo de Comando. A misión, que despegou da Terra o 26 de xullo de 1971, foi a primeira en desencartar un Todoterreo Lunar. Na fotografía duperior, un mosaico panorámico feito a partires de imaxes unidas dixitalmente, David Scott está a explorar os arredores, examinando un penedo diante do cumio do monte Hadley Delta. A sombra de James Irwin pode verse á dereita, mentres que ao moverte máis á dereita aparecerán varios terreos lunares ben alumeados. A misión Apollo 15 trouxo de volta uns 76 quilogramos de rochas lunares para o seu estudo. No futuro, a NASA e outras axencias espaciais contan con seguir a liderar a exploración humana da Lúa, Marte e máis alá.