Torre de vixilancia no planeta pequeno


Créditos da imaxe e copyright: Gyorgy Soponyai
Explicación: non temas. Esta proxección de “planeta pequeno” semella confusa, pero en realidade só é un mosaico de imaxes centradas no nadir, retortas e unidas dixitalmente, que cobre case 360×180 graos. As imaxes tiráronse na noite do 31 de outubro desde unha torre de vixilancia de 30 metros de altura no cumio dun outeiro preto de Tatabanya (Hungría), planeta Terra. A construción enreixada da torre de vixilancia reconverteuse a partires dun elevador dunha mina local. Como o planeta Terra está a rotar, as 126 imaxes de 75 segundos de exposición tamén amosan ronseles estelares concéntricos e deformados co polo norte celeste na esquerda. Por suposto que, neste lugar, o polo sur celeste está xusto á dereita do centro pero por baixo do horizonte do planeta pequeno.