NGC 6188: os dragóns da Ara

 
Créditos da imaxe e copyright: Tian Lee
Explicación: as formas escuras con bordos brillantes que se cruzan no seu camiño pola poeirenta NGC 6188 teñen deceas de anos luz de lonxitude. A nebulosa de emisión atópase preto do bordo na, por outra parte, escura e gran nube molecular na constelación meridional da Ara, a uns 4 000 anos luz de distancia. Nada nesa rexión hai só uns poucos millóns de anos, as estrelas novas e masivas da asociación OB1 que está incrustada na Ara esculpen as formas fantásticas e danlle pulo ao brillo nebular con ventos estelares e radiación ultravioleta intensa. A propia formación estelar recente foi desencadeada probablemente polos ventos e as explosións de supernova, das xeracións previas de estrelas masivas, que varreron e comprimiron o gas molecular. Con datos de imaxe procedentes do observatorio Chilescope, empregouse a paleta de cores do Hubble para crear este espectacular imaxe de amplo campo e amosar a emisión dos átomos de xofre, hidróxeno e osíxeno en cores vermella, verde e azul. O campo de vista abrangue unhas catro lúas cheas, correspondéndose a uns 150 anos luz á distancia estimada de NGC 6188.