Choiva coronal sobre o Sol


Créditos do vídeo: Solar Dynamics ObservatorySVSGSFCNASAMúsica: Thunderbolt de Lars Leonhard
Explicación: chove no Sol? Si, aínda que non é auga o que cae, é plasma moi, moi quente. Un exemplo disto ocorreu a mediados de xullo de 2012 tras unha erupción no Sol que produciu tanto unha Exección de Masa Coronal coma unha labarada solar moderada. Porén, o que era máis estraño foi o que pasou despois. Rexistrouse o plasma da achegada corona solar arrefriándose e caendo de volta, un fenómeno coñecido coma unha chuvia coronal. Como están cargados electricamente, os electróns, os protóns mailos ións da chuvia foron dirixidos elegantemente ao longo dos bucles magnéticos que existen preto da superficie do Sol, facendo que a escena apareza coma unha surrealista fervenza tridimensional sen orixe. O espectáculo abraiantemente tranquilo que resulta amósase en luz ultravioleta e salienta a materia que brilla a unha temperatura duns 50 000 Kelvin. Cada segundo do vídeo secuencia publicado ten uns 6 minutos de tempo real, polo que a secuencia de choiva coronal completa durou unhas 10 horas. As observacións recentes confirmaron que esa choiva coronal tamén pode ocorrer en bucles máis pequenos pero tan longos coma 30 horas.