Titán: a lúa sobre Saturno

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechSpace Science Institute
Explicación: como a lúa da Terra, a lúa máis grande de Saturno Titán está trabada en rotación síncrona. Este mosaico de imaxes rexistradas pola nave espacial Cassini en maio de 2012 amosa a face anti-Saturno, a parte que sempre apunta cara fóra do xigante gasoso con aneis. Titán, a única lúa do sistema solar cunha atmosfera densa, é o único mundo do sistema solar ademais da Terra que se sabe ten masas permanentes de líquido sobre a súa superficie e un ciclo similar ao terrestre de chuvia líquida e evaporación. A súa capa a gran altitude de brétema atmosférica é evidente nesta imaxe da Cassini da lúa de 5 000 quilómetros de diámetro sobre os aneis de Saturno e as partes superiores das nubes. Preto do centro hai unha rexión chea de dunas escuras coñecidas coma Shangri-La. A sonda Huygens que ceibou a Cassini descansa abaixo e á esquerda do centro, despois da aterraxe máis afastada feita por unha nave espacial terrestre.