Cráteres e sombras no terminador lunar


Créditos da imaxe e copyright: Talha Zia
Explicación: por que destaca a parte dereita desta imaxe da Lúa? Sombras. A liña do terminador, a liña entre a luz e a escuridade, ocorre nesta imaxe publicada só que xusto media faciana da Lúa está alumeada pola luz solar. A superficie lunar semella diferente máis preto do terminador porque aí o Sol está máis preto do horizonte e por tanto provoca sombras que se van facendo máis longas. Estas sombras fan máis doado para nós discernir estructuras, aportando sinais fondos a pesares de ser unha imaxe bidimensional, aparecendo case tridimensional cando dominan as sombras. Por tanto, mentres a Lúa esmorece pasando da luz á escuridade, as sombras non só nos din a altura desde abaixo, senón que fan destacar as estruturas máis pequenas. Por exemplo, moitos cráteres aparecen preto do terminador porque a súa altura fainos máis sinxelos de distinguir aí. A imaxe foi tirada hai dúas semanas cando a fase lunar phase era cuarto minguante. A vindeira lúa chea, unha Lúa sen sombras, ocorrerá dentro dunha semana.

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.