Animación das nubes de Xúpiter desde a Juno


Créditos do vídeo: NASAJPL-CaltechSwRIMSSSProcesado: Gerald Eichstädt
Explicación: como se moven as nubes de Xúpiter? Para averigualo, as imaxes tiradas pola nave espacial Juno da NASA durante a súa última pasada preto de Xúpiter foron analizadas e extrapoladas dixitalmente nun vídeo secuencia. O vídeo secuencia de oito segundos, interpolado dixitalmente entre dúas imaxes tomadas con só nove minutos de diferenza, aproxima como se moven as nubes de Xúpiter durante 29 horas. De xeito abstracto, o resultado semella a un soño de caxemira psicodélico. Porén, cientificamente, a animación informática amosa que as tormentas circulares tenden a moverse en espiral, mentres que as franxas e as zonas semellan fluír. Este movemento global non é abraiante e xa se viu en vídeos secuencia de Xúpiter antes, aínda que nunca con este detalle. A rexión que se amosa abarca unhas catro veces a área da Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Os resultados da Juno está a amosar, de xeito inesperado, que os fenómenos meteorolóxicos de Xúpiter poden espallarse ben ao fondo por baixo dos cumios das nubes.

Conferencia de prensa (17 de maio de 2018): Juno e o novo Xúpiter: que aprendemos ata o de agora?