No corazón da nebulosa Tarántula


Créditos da imaxe: ESANASAHubbleESOProcesado: Danny LaCrue
Explicación: no corazón da monstrosa nebulosa Tarántula hai burbullas enormes de gas enerxético, filamentos longos de po escuro e estrelas estrañamente masivas. No centro deste corazón, hai un nó de estrelas tan denso que se coida que foi noutrora unha soa estrela. Este cúmulo estelar, denominado coma R136 ou NGC 2070, pode verse xusto por riba do centro da imaxe publicada e aloxa un gran número de estrelas novas e quentes. A potente luz procedente destas estrelas ioniza continuamente o gas nebular, mentres o seu potente vento de partículas incha burbullas e define filamentos intrincados. A imaxe en cores simuladas, unha síntese dixital de imaxes do Telescopio Espacial Hubble da NASA/ESA que está en órbita e o Telescopio de Nova Tecnoloxía do ESO, en terra, amosa grandes detalles do tumultuoso centro da nebulosa de LMC. A nebulosa Tarántula, coñecida tamén coma a nebulosa 30 Doradus, é unha das meirandes rexións de formación estelar coñecidas, e estado a crear episodios estrañamente fortes de formación estelar cada poucos millóns de anos.

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.