A rotación da Gran Nube de Magallanes


Créditos da imaxe e licenzaESAGaiaDPAC
Explicación: esta imaxe non está desenfocada. Amosa ben polo miúdo que a galaxia satélite máis grande da nosa Vía Láctea, a Gran Nube de Magallanes (LMC), rota. A rotación da LMC, detectada por vez primeira co Hubble, preséntase aquí a partires dos bos datos do sátelite Gaia, que orbita ao Sol. O Gaia mide as posicións das estrelas de xeito tan preciso que as medidas que se derivan poden desvelar os lixeiros movementos propios de estrelas que non se detectaran anteriormente. E así, a imaxe publicada amosa os ronseis estelares esaxerados de millóns de febles estrelas de LMC. A inspección da imaxe tamén amosa o centro da rotación no sentido do reloxo: preto da parte superior da barra central da LMC. A LMC, prominente nos ceos meridionais, é unha pequena galaxia espiral que foi retorta por encontros coa meirande galaxia da Vía Láctea e coa menor Pequena Nube de Magallanes (SMC).

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.