A casa de Kepler en Linz

 
Créditos da imaxe e copyright: Erich Meyer (Astronomical Society of Linz)
Explicación: hai catro centos anos hoxe (15 de maio de 1618) Johannes Kepler descubriu a sinxela regla matemática que goberna as órbitas dos planetas do sistema solar, coñecida agora como a Terceira Lei de Kepler do movemento planetario. Nese momento estaba a vivir nesta casa alta en The Hofgasse, unha rúa estreita preto do castelo e da praza maior da cidade de Linz, Austria, planeta Terra. A identificación concluínte desta residencia (Hofgasse 7) como a localización do descubrimento da súa terceira lei é en si mesmo un descubrimento recente. Erich Meyer da Sociedade Astronómica de Linz foi quen de resolver o misterio histórico, baseado en parte nas descricións das propias observacións de Kepler de eclipses lunares. Kepler, unha figura chave da revolución científica do século XVII, sustentou os descubrimentos de Galileo e o sistema copernicano de planetas orbitando ao Sol en vez de á Terra. Amosou que os planetas se moven en elipses ao redor do Sol (Primeira Lei de Kepler), que os planetas se moven proporcionalmente máis rápido nas súas órbitas cando están máis preto do Sol (Segunda Lei de Kepler) e que os planetas máis afastados teñen órbitas solares proporcionalmente máis longas (Terceira Lei de Kepler).

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.