Hiperión de Saturno en cores reais

Créditos da imaxe e licenza: NASA/JPL/SSI; Composición: Gordan Ugarkovic
Explicación: que hai por baixo dos estraños cráteres de Hiperión? Para averigualo, a sonda automática Cassini que estaba a orbitar Saturno fixo un varrido pola lúa con forma de esponxa en 2005 e 2010 e tirou imaxes cun detalle sen precedentes. Publicado aquí en cores reais, o mosaico de seis imaxes do paso de 2005 amosa un mundo destacado espallado con cráteres estraños e unha rara superficie de esponxa. No fondo da maioría dos cráteres hai algún tipo de material vermello escuro descoñecido. Este material semella similar ao que cobre outras das lúas de Saturno, Iapetus, e podería afundirse nas lúas xeada porque absorbe mellor a morna luz solar. Hiperión ten uns 250 quilómetros de diámetro, rota de xeito caótico e ten unha densidade tan baixa que poida que albergue un sistema enorme de cavernas no seu interior.