Unha diversidade de singularidades no centro galáctico


Créditos da imaxe: NASA/CXC / Columbia Univ./ C. Hailey et al.
Explicación: unha recente enquisa informal descubriu que os astronómos non teñen aínda unha boa denominación colectiva para un grupo de buratos negros, pero necesítase. Os círculos vermellos desta imaxe en raios X do Observatorio Chandra identifican un grup unha ducia de buratos negros que son membros de sistemas de estrelas binarias. Cunha masa de entre 5 e 30 veces a solar, as binarias con buratos negros están a enxamear a uns 3 anos luz do centro da nosa galaxia onde reside o burato negro supermasivo identificado coma Sagittarius A* (Sgr A*). Os círculos amarelos sinalan fontes de raios X que probablemente son estrelas de neutróns menos masivas ou estrelas ananas brancas dos sistemas binarios. En solitario, os buratos negros serían invisibles, pero cando forman parte dun sistema binario acretan material da súa compañeira estelar e xeran raios X. A esa distancia do centro galáctico o Chandra pode detectar só os sistemas binarios de buratos negros máis brillantes coma fontes de raios X, indicando que debe haber aí moitas máis fontes tenues de raios X emitidas por binarias con buratos negros, aínda sen detectar.

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.