NGC 1360: a nebulosa azul turquesa


Créditos da imaxe e copyright: Josep Drudis, Don Goldman
Explicación: esta fermosa nube cósmica está a uns 1 500 anos luz de distancia, cunha forma e cor que lembran ao azul turquesa. Abarca uns 3 anos luz, aniñando ben segura dentro dos límites da constelación meridional do Forno. NGC 1360, recoñecida coma unha nebulosa planetaria, non representa un nacemento. Ben ao contrario, correspóndese cunha fase final e breve na evolución dunha estrela vella. De feito, na imaxe telescópica pode verse a estrela central de NGC 1360, que se sabe é un sistema binario estelar formado probablemente por dúas estrelas ananas brancas evolucionadas, menos masivas pero moito máis quentes có Sol. A súa intensa e invisible radiación ultravioleta arrincou electróns dos átomos da envoltura gasosa. A predomintante cor verde azulada de NGC 1360 que se ve aquí é a potente emisión producida cando os electróns se recombinan con átomos de osíxeno dobremente ionizados.

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.