Galaxias no río


Créditos da imaxe e copyright: Michel Meunier, Laurent Bernasconi, Janus Team
Explicación: as galaxias grandes medran comendo ás pequenas. Aínda a nosa propia galaxia practica o canibalismo galáctico, absorbendo galaxias pequenas que se achegan demasiado e son capturadas pola gravidade da Vía Láctea. De feito, a práctica é común no universo e ilustrada por esta parella espectacular de galaxias en interacción desde os bancos da constelación meridional de Eridano, o Río. A uns 50 millóns de anos luz de distancia, a gran e retorta galaxia espiral NGC 1532 pode ollarse trabada nun tirón gravitacional coa galaxia anana NGC 1531 (á dereita do centro), un tirón que a galaxia máis pequena perderá ao final. Vistas de canto, a espiral NGC 1532 abarca uns 100 000 anos luz. Fermosamente detallada nesta imaxe definida, cóidase que a parella NGC 1532/1531 é bastante semellante ao sistema moi estudado dunha espiral de cara e unha pequena compañeira coñecido coma M51.

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.