A nebulosa Rectángulo Vermello desde o Hubble


Créditos da imaxe: HubbleNASAESA. Procesado e LicenzaJudy Schmidt

Explicación: como se creou a estraña nebulosa do Rectángulo Vermello? No centro da nebulosa atópase un vello sistema estelar binario que seguramente potencia a nebulosa pero aínda non explica as súas cores. A forma estraña do Rectángulo Vermello probablemente se debe a un toro groso de po que apreta o fluxo ao exterior que sería esférico con forma de conos que se tocan polas puntas. Debido a que ollamos ao toro de fronte, os bordos das formas de cono parecen formar un X. Os chanzos perceptibles suxiren que o fluxo se ceiba a refachos. Porén, as estrañas cores da nebulosa aínda se comprenden peor e especúlase que son parcialmente proporcionadas polas moléculas de hidrocarburos que poden realmente ser os bloques construtivos da vida orgánica. A nebulosa do Rectángulo Vermello atópase a uns 2.300 anos luz de distancia cara a constelación do Unicornio (Monoceros). A nebulosa amósase máis arriba nun gran detalle coma unha imaxe reprocesada recentemente desde o Telescopio Espacial Hubble. Nuns poucos millóns de anos, mentres unha das estrelas centrais diminúe aínda máis o seu combustible nuclear, a Nebulosa do Rectángulo probablemente abrollará nunha nebulosa planetaria.