O universo observable

 
Créditos da ilustración e licenzaWikipediaPablo Carlos Budassi
Explicación: ata onde podes ver? Todo que podes ver e todo o que poderías chegar a ver, agora mesmo, asumindo que os teus ollos poderían detectar todos os tipos de radiacións ao teu redor; é o universo observable. En luz visible, o máis afastado que podes ver chega do fondo cósmico de microondas, un momento de hai 13 800 milleiros de millóns de anos cando o universo era opaco coma unha brétema densa. Algúns neutrinos e ondas gravitationais que nos arrodean veñen de aínda máis lonxe, pero a humanidade non ten aínda a tecnoloxía para detectalos. A imaxe publicada ilustra o universo observable nunha escala compacta incremental, coa Terra e o Sol no centro arrodeados polo noso Sistema Solar, as estrelas achegadas, as galaxias próximas, as galaxias afastadas, os filamentos de materia primixenia e o fondo cósmico de microondas. Normalmente os cosmólogos asumen que o noso universo observable e xusto a parte achegada dunha entidade máis meirande coñecida coma “o universo”, onde se aplica a mesma física. Porén, hai varias liñas de ideas populares pero especulativas que afirman que aínda o noso universo é parte dun multiverso máis grande no que habería diferentes constantes físicas, se aplicarían diferentes leis físicas, operarían dimensións máis altas ou versións lixeiramente diferentes por casualidade do noso universo estándar.