O estraño pelouro no cumio de Tycho


Créditos da imaxe principal: NASAArizona State U.LRORecadro superior: NASAArizona State U.LRORecadro inferior: Gregory H. Revera
Explicación: por que hai un gran pelouro preto do centro do cumio de Tycho? O cráter Tycho da Lúa é un dos accidentes xeográficos máis sinxelos de ver, visible incluso a simple vista (recadro inferior dereita). Pero no centro de Tycho (recadro superior esquerdo) hai algo estraño; un penedo de 120 metros. Esta pena foi fotografada a unha resolución moi alta no amencer, durante a década pasada, pola Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) que orbita á Lúa. A hipótese principal sobra a súa orixe é que o penedo foi botado durante a tremenda colisión que formou o cráter Tycho hai uns 110 millóns de anos, e por casualidade caeu de novo xusto preto do centro da montaña central recén formada. Durante os impactos meteoríticos e os lunamotos dos seguintes milleiros de millóns de anos poida que degraden paseniñamente o centro de Tycho, provocando probablemente que o penedo central caia 2000 metros abaixo ata o solo do cráter e desintegrarse.