Meteoros, avións e unha galaxia sobre o canón Bryce


Créditos da imaxe e copyright: Dave Lane
Explicación: por veces terra e ceo están ámbolos dous ateigados e fermosos. Esta paisaxe da fotografía no primeiro plano abarca Bryce Canyon en Utah (EUA), famoso por moitas estruturas de rocha interesantes erosionadas durante millóns de anos. A paisaxe celeste que se amosa, fotoxénica por si mesma, abarca o disco central arqueángose da nosa galaxia Vía Láctea, as raias curtas de tres avións que pasan preto do horizonte, polo menos catro ronseis longos que probablemente sexan meteoros Eta Acuáridas e moitas estrelas que inclúen ás tres brillantes que forman o triángulo de verán. A imaxe publicada é unha panorámica dixital creada a partires de 12 imaxes máis pequenas durante esta data de 2014. Onte e mañá, voltando cada ano, marcan o máximo da chuvia de meteoros das Eta acuáridas deste ano, onde un observador paciente con ceos escuros e ollos adaptados á escuridade pode agardar ver un meteoro cada poucos minutos.