O cráter Stickney


Créditos da imaxe: HiRISEMROLPL (U. Arizona)NASA
Explanation: o cráter Stickney, o cráter máis grande da lúa marciana Fobos, recibe o nome por Chloe Angeline Stickney Hall, matemática e esposa do astrónomo Asaph Hall. Asaph Hall descubriu as dúas lúas do planeta vermello en 1877. Cuns 9 quilómetros de diámetro, Stickney ten case a metade do diámetro do propio Fobos, tan grande que o impacto que abourou o cráter estivo a piques de destruír a pequena lúa. Esta espectacular imaxe en cores salientadas do Stickney e os arredores foi gravada pola cámara HiRISE ao bordo da Mars Reconnaissance Orbiter mentres pasaba a uns seis mil quilómetros de Fobos en marzo de 2008. Aínda que a gravidade superficial de Fobos, semellante a un asteroide, é menor que unha milésima da terrestres, as raias suxiren material desprendido que esvarou polo interior do cráter durante o tempo. As rexións de azul claro preto da crista do cráter poderían indicar unha exposición superficial relativamente recente. A orixe das curiosas marcas ao longo da superficie é un misterio pero poida que estean relacionadas coa formación do cráter de impacto.