En oposición ao solpor


Créditos da imaxe e copyrightRoy Spencer
Explicación: o 30 de abril, unha Lúa chea ergueuse en oposición ao Sol que se puña. O seu luar amarelado perfila unha liña de árbores baixas na montaña Lewis nesta paisaxe ao norleste de Alabama. Compartindo o panorama tomado con teleobxectivo á beira oposta ao Sol está a sombra gris da Terra, o rosado Cinto de Venus e un brillante planeta Xúpiter. Achegándose á súa propia oposición de 2018 do 8 de maio, Xúpiter está flanqueado por pequenas alfinetadas de luz, tres das súas grandes lúas galineanas. Europa está xusto por baixo de Xúpiter, e Ganímedes e Calisto estás xusto por riba. Máis preto e brillante, o noso propio satélite natural aparece ameazantemente grande pero a Lúa é fisicamente un pouco menor ca Ganímedes e Calisto, e lixeiramente máis grande có mundo acuático Europa. Os ollos de aguia tamén albiscarán os ronseis avións a reacción atravesando o claro ceo vespertino.